Claves de acceso de banca dixital CaixaBankNow

Clave de acceso, PIN1

  • A clave de acceso (ou número persoal secreto PIN1) é precisa para acceder a banca dixital CaixaBankNow. Como o PIN1 é unha clave de acceso, hai que considerar unha serie de precaucións cando o gardemos e o utilicemos:
  • Non anote a clave secreta en ningún documento físico nin electrónico. Tome as precaucións necesarias cando utilice programas de igual a igual (P2P) como eMule ou eDonkey, cos que se comparten directorios do disco duro.

  • O uso do PIN1 debe restrinxirse unicamente á páxina de CaixaBank que orixinou o PIN (neste caso, banca dixital CaixaBankNow).

  • Non envíe nin comunique o PIN1 a ninguén por ningún medio, ben sexa por vía telefónica, correo electrónico, etc.

  • Lembre que o PIN1 é persoal e intransferible. No caso de que precise que outra persoa realice un uso compartido dunha conta, a oficina pode proporcionarlle outro PIN1 para que cada usuario teña unha clave diferente.

  • Non utilice claves PIN que se poidan deducir. Deben evitarse, por exemplo, claves PIN con secuencias de números correlativos, o mesmo número, datas de nacemento, números de teléfono ou números que xa forman parte do identificador.

  • Comprobe que xa ten actualizado o antivirus. Ademais, recoméndase o uso dun firewall persoal e de ferramentas antispyware.

  • Desconfíe das mensaxes de correo electrónico con remitente ou contido dubidoso. Teña en conta que CaixaBank non lle solicitará nunca por correo electrónico ningunha clave de acceso.

  • Se cre que alguén pode coñece-lo seu PIN1, debe cambialo, para que ninguén, agás vostede, poida acceder ás súas contas.

Tarxeta de coordenadas banca dixital CaixaBankNow

A tarxeta de coordenadas de banca dixital CaixaBankNow será necesaria para realizar operacións que impliquen movemento de fondos ou para contratar produtos.

Tarxeta de coordenadas Línea Abierta

A tarxeta de coordenadas de banca dixital CaixaBankNow serve para:

  • Realizar operacións que impliquen un movemento de fondos ou para contratar produtos: trátase dun nivel máis de seguridade para as operacións que precisan máis protección.

  • A especificación dunha clave da tarxeta de coordenadas permite garantir que, aínda que alguén descubra ou coñeza o seu PIN1, non poderá realizar operacións de movemento de fondos nin contratar produtos, xa que solicitaráselle unha segunda clave variable de entre as 60 que contén a tarxeta de coordenadas.

  • A seguridade vese reforzada por dous factores. O primeiro factor é o PIN1: para entrar, é preciso coñecer unha clave que só coñece o usuario. O segundo factor, a clave que contén a tarxeta de coordenadas obriga a que o usuario teña unha tarxeta. En seguridade, este mecanismo chámase "autenticación de 2 factores": é precisa unha cousa que se coñece (PIN1) e outra que se ten (tarxeta de coordenadas) para realizar unha operación. Este mecanismo de seguridade de dous factores considérase moi robusto.

  • Como a tarxeta de coordenadas contén 60 claves diferentes, é máis segura que unha soa clave.

Teña en conta as consideracións seguintes cando use a tarxeta de coordenadas:

  • Se non dispón de tarxeta de coordenadas, pode solicitala directamente desde banca dixital CaixaBankNow ou ben na oficina.

  • Se xa ten a tarxeta pero aínda non a activou, pode facelo a través de banca dixital CaixaBankNow.

  • A Tarxeta banca dixital CaixaBankNow é única para cada usuario. Cada vez que se lle solicite unha clave, indicaráselle o número de tarxeta; se o número de tarxeta que se lle pide non concorda co da tarxeta que ten, póñase en contacto coa súa oficina.