Firewall persoal

Conforme aumenta o uso dos ordenadores persoais, o tempo que están conectados a Internet e a importancia da información coa que traballamos, é preciso aumentar tamén o seu nivel de seguridade.

Do mesmo xeito que un delincuente informático pode tentar acceder ó ordenador dunha grande empresa, pode tamén tentar acceder a un ordenador persoal mal protexido co obxectivo de subtraer ficheiros persoais ou instalar virus desde a rede.

A ferramenta adecuada para salvagarda-la seguridade do sistema é un firewall persoal. O firewall persoal é un programa que funciona no seu ordenador de xeito permanente. O programa controla as conexións que entran e saen do ordenador e pode distinguir as que son lexítimas das realizadas por intrusos. Neste segundo caso, bloquéaas e notifícao ó usuario do ordenador.

O firewall persoal, xunto cun antivirus, proporciona o maior grado de seguridade posible con ferramentas comerciais.