Seguridade e "la Caixa"
Aspectos legais
Segredo bancario e LOPD
No servizo CaixaBankNow cúmprese cos requisitos esixidos polo segredo bancario e garante, como en todos os servizos que ofrece esta entidade, o cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), con relación á confidencialidade e á seguridade no almacenamento e tratamento dos datos de carácter persoal nos seus sistemas informáticos.
Identificación e control de acceso
O acceso ao servizo Línea Abierta realízase mediante un identificador de usuario e unha clave de acceso numérica de 4 posicións (PIN1) que, unha vez validados, lle permiten ao titular o acceso ás operativas de consulta.
Adicionalmente, se desexas incrementar a seguridade no acceso a Línea Abierta, ofrecémosche a posibilidade de complementar a identificación cun certificado dixital. Actualmente, Línea Abierta admite o uso do DNI electrónico no proceso de identificación se se accede desde un ordenador. Identificarme cun certificado dixital.
Para autorizar as operacións que supoñan movementos de fondos, o usuario debe introducir unha segunda clave (PIN2) ou ben utilizar a Tarxeta Línea Abierta. Tarxeta Línea Abierta.
Os datos de conexión (identificador + PIN1) son persoais e intransferibles. O usuario será responsable de todas as accións que se realicen co seu identificador. Para garantir a seguridade débese manter a confidencialidade destes datos. Se se quere que outra persoa acceda a Línea Abierta cos seus propios datos ou os da empresa, necesitará que a oficina lle dea a esta persoa acceso cos seus propios datos de conexión.
Garantías técnicas
Toda a información que se intercambia entre o ordenador do cliente de Línea Abierta e os sistemas informáticos de CaixaBank sométese a un proceso de cifrado que impide que terceiras persoas non autorizadas poidan acceder á información ou interceptar as comunicacións entre cliente e entidade.
Este cifrado baséase no protocolo estándar SSL-V.3 e utiliza claves criptográficas de sesión de 128 bits de lonxitude.
Co obxectivo de garantir o máximo nivel de seguridade, os sistemas que dan servizo a Línea Abierta están suxeitos a unha monitorización e revísanse e actualízanse periodicamente.
Ademais da protección física dos sistemas informáticos, aplícanse os sistemas máis modernos de seguridade lóxica.
Cookies
As cookies son uns pequenos ficheiros de datos que o servidor de internet lle manda ao navegador e que se lle retornan posteriormente en cada nova conexión. Estes ficheiros almacénanse no ordenador ou no móbil do usuario e permítenlle ao sistema lembrar as características e as preferencias de navegación das sesións anteriores.
As cookies que utiliza CaixaBank non son invasoras nin nocivas e non conteñen datos de carácter persoal. Así e todo, se queres, podes desactivalas seguindo as instrucións do navegador. Tamén podes eliminar de forma permanente as que teñas almacenadas no teu ordenador ou no móbil actualmente, accedendo ao directorio correspondente e borrándoas definitivamente ou utilizando a opción correspondente do teu navegador móbil.