Antes de continuar, explicámosche para que usamos as cookies. Este sitio web de CaixaBank recolle datos sobre a túa navegación a través de cookies propias e de terceiros, que analizamos para:

  • Mellorar o noso sitio web, os nosos produtos e os nosos servizos.
  • Personalizarche o contido (por exemplo, con recomendacións de vídeos para ti).
  • Personalizarche a publicidade que visualizas sobre os nosos produtos ou servizos.

A personalización de contidos e de publicidade está baseada nun perfil teu creado a partir dos teus datos de navegación (por exemplo, que apartados da nosa páxina visitas). Podes coñecer máis sobre o uso de cookies na nosa Política de cookies.

Configurar cookies
Rexeitar
Aceptar

CaixaBank (Ir a Inicio)

Conta/s corrente/s

CaixaBank está adherido ao Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito español. Actualmente, o importe máximo garantido é de 100.000 € por depositante.

1/6

Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco.

Abrir conta online sen comisións

Faite cliente coa conta online sen comisións

Sen comisión de mantemento nin administración.

Tarxeta de débito sen custo de emisión nin mantemento.

Ata 250 € por domiciliares a nómina.

Faite cliente

Hoxe, máis de 20 millóns de clientes xa se benefician de seren de CaixaBank

+ 25.000 xestores

para axudarte no que precises.

+ 4 millóns de persoas

xestionan cada día as súas finanzas de forma áxil desde a app.

+ 4.000 oficinas

para estar onde ti esteas.

Atención 24/7

para resolver as túas dúbidas cando queiras.

Abre a túa conta online en minutos

Necesitarás o teu documento de identidade, un teléfono móbil e un dispositivo con cámara.

Cubre os teus datos persoais e de contacto.

Ten o teu documento á man e confirma a túa identidade coa videoverificación.

Infórmanos sobre a túa situación económica.

Configura a xestión dos teus datos, indica as túas preferencias e crea o teu contrasinal.

Le e asina os teus contratos. Terás 14 días naturais para cancelalo se queres.

Producto en promoción

Se es menor de 30 anos,
a conta imagin é para ti

Faite cliente imagin

Pausar/Reanudar

Se es menor de 30 anos,
a conta imagin é para ti

Faite cliente imagin

Producto en promoción

Preguntas frecuentes

A conta Online ten custos de mantemento?

Non, non cobramos ningún tipo de comisión polos servizos principais da túa conta Online de CaixaBank. Encontrarás a continuación os documentos con toda a información precontractual detallada.

Información precontractual da conta corrente e banca dixital

Información contractual da tarxeta de débito

Documento informativo de comisións

As contas online de CaixaBank e de imagin retribúense?

Non, estas contas non se retribúen (0% TAE, 0% TXN).

CaixaBank, S.A., co NIF A08663619, inscrita no Rexistro Administrativo Especial do Banco de España co número 2100, é a entidade que ofrece a conta bancaria.

Que condicións ten a tarxeta de débito gratuíta?

A emisión e o mantemento de tarxetas adicionais ou de beneficiario non están incluídos e terán o custo indicado no contrato de tarxetas.

Durante a vixencia do acordo, a entidade emisora da tarxeta pode cambiar a modalidade da tarxeta sen custo adicional. Se isto acontece, informarémoste con antelación para poderes revisar as condicións da nova tarxeta (sexa de débito ou crédito), que manterá prestacións equivalentes á orixinal. Concesión da tarxeta suxeita á aprobación previa de CPC.

Tarxeta de débito emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. ("CPC"), con domicilio na avenida de Manoteras, núm. 20, Edificio París (28050 Madrid). CaixaBank, S.A. actúa como entidade axente da emisora da tarxeta.

O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento elixido por CPC é o depósito nunha conta separada aberta en CaixaBank, S.A.

Que condicións ten a promoción de domiciliación da nómina?

Se domicilias a túa nómina na conta online sen comisións de CaixaBank, ou na conta aberta de imaginBank, podes recibir un incentivo de:

  • 150 € netos se domicilias unha nómina de polo menos 900 €/mes.
  • 250 € netos se domicilias unha nómina de polo menos 1.500 €/mes.

Para a promoción de CaixaBank terás que:

  1. Domiciliar a túa nómina e 3 recibos ao trimestre nunha conta de CaixaBank.
  2. Realizar 3 compras con tarxeta ao trimestre (non aplicable a tarxetas de empresa).
  3. Manter estas condicións durante 24 meses e seguir sendo cliente de CaixaBank outros 24 meses máis (cunha conta ou depósito con máis de 5 € de saldo).

Para a promoción de imaginBank terás que:

  1. Domiciliar a túa nómina nunha conta de imaginBank.
  2. Manter estas condicións durante 48 meses.

Se non cumpres cos requisitos, aplicaráseche unha penalización proporcional ao tempo incumprido. Promoción válida ata o 30/09/2025, non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos realizadas desde o 1/1/2023.

Información fiscal:

  • O importe bruto do incentivo é de 185,19 € (para o incentivo de 150 €) e de 308,64 € (para o incentivo de 250 €).
  • Aplícase unha retención do 19% de IRPF, o que dá lugar ao importe neto recibido. Este incentivo considérase rendemento do capital mobiliario monetario e debe declararse na renda. A retención aplicada pode deducirse na declaración do IRPF.

Que é unha conta bancaria online?

É unha conta bancaria que podes abrir e xestionar completamente a través de Internet, desde a web ou a app do banco. Todo o proceso, incluído o contrato, realízase en liña, sen necesidade de ir a unha oficina.

En que me debo fixar ao abrir unha conta online?

Ao escolleres unha conta online, ten en conta aspectos como:

  • Que non teña comisións.
  • Que inclúa unha tarxeta sen custo adicional.
  • Que poidas retirar diñeiro en múltiples caixeiros.
  • Que ofreza unha app fácil de usar para xestionares diñeiro.
  • Que permita pagamentos en liña, transferencias sen custo e Bizum.

Que operacións podo facer cunha conta online?

Coa túa conta online podes realizar todas as operacións habituais:

  • Recibir ingresos e domiciliar a nómina.
  • Pagar compras e xestionar recibos.
  • Facer transferencias sen custo.
  • Operar comodamente desde a web ou a app, sen comisións de mantemento.

Podo usar caixeiros de CaixaBank coa miña conta online?

Si, terás acceso a máis de 11.000 caixeiros de CaixaBank en toda España.

Faite cliente

En só cinco pasos

Faite cliente

NRI: 6705-2024/09542

© CaixaBank, S.A. 2025

  • Política de cookies
  • Privacidade
  • Aviso legal
  • Tarifas e información de interese
  • MIFID
  • Información legal sobre Caixabank, S.A.
  • Sello de Excelencia EFQM (Abre en ventana nueva)
  • Western Europe
  • Banco más innovador (Abre en ventana nueva)
  • Certificación ISO
  • AQmetrix
Rexístrame