A túa privacidade é importante para nós

CaixaBank utiliza cookies propias e de terceiros para analizar a túa navegación con fins estatísticos, de personalización (p. ex., idioma) e publicitarios, incluído mostrarche publicidade personalizada a partir dun perfil elaborado con base na túa navegación. Preme para ter máis información ou para configurar ou rexeitar o seu uso. Tamén podes aceptar todas as cookies premendo sobre o botón “Aceptar e seguir navegando”.

Aceptar e continuar navegando

Particulares
Selecciona una opción

Selecciona una opción

Cerrar
  • Particulares
  • Empresas
  • GL
    Idioma galego. Preme para cambiar

    Idioma galego. Preme para cambiar

    Cerrar
    • Castellano
    • Català
    • Euskara
    • Galego
    • Valencià
    • Deutsch
    • English
    • Français
  • Información corporativa
    • Traballa connosco (Abre nunha xanela nova)
    • CaixaBank Research (ábrese nunha xanela nova)
    • Sala de comunicación (ábrese nunha xanela nova)
    • Sostibilidade (ábrese nunha xanela nova)
    • Web corporativa (ábrese nunha xanela nova)
Hazte cliente
Oficinas

CaixaBank (Ir a Inicio)

Línea Abierta
Entrar

Información sobre contas

Información esixida pola OM ECC/2316/2015: Conta corrente

CaixaBank encóntrase adherida ao Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito previsto no Real decreto 16/2011, do 14 de outubro. O importe garantido ten como límite 100.000 euros por depositante en cada entidade de crédito.

1/6

Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco

Información sobre contas

Tes algunha dúbida? Resólvea aquí

Resolve as túas dúbidas sobre as nosas contas bancarias.

Que é unha conta á vista?

É un depósito en que podes ingresar e do que podes retirar diñeiro de xeito inmediato e sen ningunha penalización.

Que se pode facer cunha conta á vista?

Ademais de ingresar e retirar diñeiro, a conta, que se identifica mediante un IBAN, é a base para poder realizares outra operativa bancaria como facer transferencias de diñeiro a outra conta corrente (túa ou dun terceiro) ou permitires que che cobren recibos domiciliados (como facturas da luz ou do ximnasio). Podes obter máis información sobre estas operativas na seguinte ligazón.

Que custos ten unha conta ou os seus servizos asociados?

Podes atopar os custos máis habituais polo uso da túa conta corrente no Documento Informativo de Comisións (DIC). O documento está dispoñible nesta páxina web, accedendo a cada tipo de conta.

Ademais, podes consultar os prezos habitualmente aplicados aos servizos bancarios prestados con maior frecuencia (Anexo 1) nesta ligazón.

Como se abre unha conta á vista?

Pode facelo desde unha oficina ou desde esta mesma páxina web. No propio proceso de alta indicarémoslle que documentación ou información debe darnos.

Especialmente se abre a conta por Internet, lea atentamente a documentación contractual e o contrato que lle mostraremos e pregúntenos calquera dúbida que teña no teléfono 93 887 25 25 ou no 900 40 40 90.

Pódese abrir unha conta con máis persoas?

Si, pero debes ter en conta que as outras persoas que compartan a conta contigo poderán operar e retirar diñeiro da conta sen que ti o teñas que autorizar.

Que pasa se quedas sen saldo na conta? Os descubertos

Poderemos (non estaremos obrigados) pagar por ti para evitarche problemas co receptor do diñeiro, pero ten en conta que che cobraremos polo diñeiro que che prestamos. Se non queres que o fagamos, terás que indicárnolo. 

Pódese pagar ou pedir diñeiro nunha moeda distinta ao euro?

Aplicarémosche a equivalencia da moeda que queiras co euro máis unha porcentaxe. Aquí podes ver os tipos de cambio que aplicamos:

Tipos de cambio para operacións de compravenda de divisas e/ou billetes estranxeiros.

Que ocorre se hai algunha incidencia na conta?

Teremos que ver que ocorreu, pero é esencial que comuniques calquera incidente que teñas canto antes. Aquí deixámosche a ligazón con distintos contactos telefónicos aos que podes chamar, segundo a incidencia que teñas.

Que acontece en caso de insolvencia de CaixaBank?

CaixaBank está adherida ao Fondo de Garantía de Depósitos, que cobre ata 100.000 euros por depositante e entidade de crédito. Se queres máis información, podes obtela aquí.

Outros enderezos informativos de interese:

Portal do cliente bancario do Banco de España

Finanzas para todos (web informativa creada polo Banco de España e a Comisión Nacional do Mercado de Valores).

Que é o “servizo de caixa”, e como funciona?

O “servizo de caixa” é o conxunto de operacións transaccionais relacionadas coas contas. Algunhas destas operacións poden ser cobramentos e pagamentos, ingresos, retiradas de diñeiro en efectivo, transferencias ou peticións de extractos, entre outras operativas.

En CaixaBank, podes facer estas operacións a través destas canles:

  • CaixaBankNow
  • Caixeiros
  • Portelo da oficina

En CaixaBankNow e en caixeiros podes realizar calquera operación do servizo de caixa ti mesmo, está dispoñible as 24 horas do día, todos os días da semana e non teñen custos adicionais. Ademais, en CaixaBank dispomos dun teléfono gratuíto de asistencia para consultas e incidencias: 900 40 40 90.

No portelo, a prestación do servizo de caixa realízase cun xestor comercial que te atenderá persoalmente. Só está dispoñible nas oficinas Store, consulta as oficinas con servizo de caixa habilitado na nosa web ou chama ao 900 40 40 90. Podes acudir de luns a venres de 8:15 a 14:30 h e xoves de 16:15 a 18:30 h. No horario de verán (de maio a setembro) as oficinas permanecen pechadas o xoves á tarde.

O servizo de caixa prestado no portelo da oficina ten custo?

Si, se realizas o servizo cunha conta corrente día a día ou es cliente de imagin.

En CaixaBank cobramos 2 euros por realizar as seguintes operacións no portelo: ingresos en efectivo, transferencias e traspasos, pagamento de recibos non domiciliados (agás tributos) e petición de extractos.

O servizo non ten custo nos seguintes casos:

  • Se os caixeiros automáticos da oficina non funcionan correctamente a causa dunha incidencia técnica e non permiten realizar a operación.
  • Se es maior de 65 anos.
  • Se es menor de 18 anos.
  • Se es unha persoa con discapacidade.
  • Se es titular dunha conta HolaBank, unha conta de pagamento básica, social ou de inserción.  

O prezo do servizo de caixa polo portelo é independente ao prezo das operacións que se realicen e da cota da conta día a día. O recibo xérase no momento en que se realiza a operación e cóbrase na conta o día seguinte.

Ten algún custo ingresar diñeiro en efectivo nunha conta propia ou nunha de terceiros?

Non, ingresar efectivo nunha conta propia ou nunha conta dun terceiro non ten custo nin para clientes nin para non clientes.

Pódese devolver un recibo?

Para que unha entidade poida cargar un recibo na túa conta, é necesario que exista unha solicitude de domiciliación asinada por ti que autorice a entidade emisora a emitir os recibos con cargos na túa conta. Se non existe, considerarase que a operación non está autorizada.

Aínda que os cargos sexan dun importe elevado, se o titular da conta non cancela a domiciliación, os recibos cárganse na conta. Se non estás de acordo con algún dos recibos, tes dereito á devolución dentro dos seguintes prazos:

  • Se a domiciliación é correcta: 8 primeiras semanas tras o cargo do recibo.
  • Se non existe autorización: 13 meses tras o cargo.

Podes solicitar a devolución a través de CaixaBankNow ou en calquera das nosas oficinas.

Cales son os custos ante un impagamento?

En caso de non atender unha obriga de pagamento, porémonos en contacto contigo para avisarte da débeda non pagada a través destas canles (sempre e cando nos deses permisos para facelo):

  • Comunicacións telemáticas (Ex. SMS)
  • Correo electrónico e Mailbox (a túa caixa do correo de CaixaBankNow)
  • Chamada telefónica (sempre se realizan polo menos 2 intentos)
  • Calquera outro método personalizado
  • Os custos por reclamación son 40 €, non sendo que se indique outro prezo nas condicións do contrato. Só se cobrará en débedas superiores a 60 €.

Se o impagamento persiste tras 15 días, enviarémosche adicionalmente un burofax ou equivalente con certificado de contido e recibo e terá un custo de 24 €. Só se cobrará en débedas superiores a 300 €.

Actualmente, e por decisión da entidade, o importe que se cobra polas xestións realizadas ante un impagamento ascende a 35 euros. A partir do mes de xaneiro de 2023 cesa a devindicación dese importe, e en caso de impagamento aplicaranse os 40 euros establecidos no contrato. O resto de condicións que regulan esta compensación quedan invariables.

Que é unha transferencia inmediata?

As transferencias inmediatas son un tipo de transferencia bancaria que chega ao seu destino en menos de 10 segundos e que funciona grazas ao proxecto SEPA (zona única de pagamentos en euros).

Desde o 14 de febreiro de 2018, os españois poden enviar transferencias inmediatas en toda a zona SEPA (que inclúe todos os países da Unión Europa e outros países da zona como Inglaterra ou Andorra, entre outros). Actualmente, o importe máximo para realizar unha transferencia inmediata é de 100.000 € por operación.

Como reforzamos en CaixaBank a seguridade dos pagamentos a través de CaixaBankNow?

Para asegurarnos de que es ti quen está realizando e autorizando un pagamento cunha das túas tarxetas CaixaBank, verificamos a túa identidade mediante a combinación de 2 elementos que previamente asociamos a ti de xeito seguro e unívoco. Estes elementos sempre pertencerán a 2 categorías de 3 posibles: algo que só ti sabes (contrasinal de CaixaBankNow), algo que só ti tes (o teu teléfono móbil) e algo único físico (impresión dactilar).

Non obstante, poderiamos cambiar de métodos de verificación sempre que melloremos a experiencia de uso e/ou reforcemos a seguridade. En tal caso, comunicarémoscho con suficiente antelación.

E lembra, nin nós nin ninguén que traballe para nós (xestores, técnicos etc.) che pediremos nunca que nos facilites o teu contrasinal ou outros códigos de seguridade. Nin por teléfono, nin correo electrónico, nin SMS, nin redes sociais. Se alguén o fai, seguramente está intentando enganarte.

Que medidas de seguridade complementaria pomos a disposición dos usuarios da nosa banca dixital (CaixaBankNow/Imagin)?

  • Límites operativos. Podes establecer límites ao importe das operacións que se realizan desde CaixaBankNow. Podes consultar os límites actuais desde o apartado “Contratos” de CaixaBankNow, dentro de Configuración persoal. Se os queres modificar, contacta co teu xestor.
  • Información actualizada sobre ciberseguridade. Dispomos dunha páxina web con recomendacións sobre seguridade e boas prácticas dentro do contorno dixital. Ademais, enviámosche periodicamente ao teu correo electrónico e á túa Mailbox unha newsletter “CaixaBankProtectNews” coas novidades que vaian xurdindo.
  • Enderezo electrónico de contacto para detectar ciberestafas: [email protected] Se tes dúbidas sobre a autenticidade de mensaxes que che chegan a nome de CaixaBank por correo, SMS ou outras canles dixitais, podes escribirnos a este enderezo electrónico. Un equipo especializado analizará a mensaxe e comunicarache as súas conclusións sen custo.
  • Alertas de seguridade a través do móbil. Podes recibilas por SMS ou por notificacións da app CaixaBankNow (cómpre que actives as notificacións no teu dispositivo).
  • Xestión de dispositivos vinculados a CaixaBankNow. Podes consultar os móbiles, ordenadores ou tabletas que poden acceder á túa banca dixital para detectar calquera irregularidade ou para desvincular os dispositivos que xa non uses. Podes facelo desde o apartado “Xestionar os meus dispositivos”, dentro de Configuración persoal.

Que significa que a conta é solidaria ou de disposición indistinta? E que é unha conta mancomunada?

Se unha conta é solidaria ou indistinta, supón que calquera dos titulares pode, coa súa soa sinatura, realizar calquera operación. Se, pola contra, é mancomunada ou “conxunta”, será necesaria a sinatura de todos os titulares (ou varios deles) para realizar calquera operación.

Que pasa se recibimos ordes contraditorias dos titulares dunha conta?

Se as devanditas ordes dificultan a xestión da conta, podemos vernos obrigados a bloquear a conta e suspender os servizos que prestamos, ata que os titulares resolvan as súas diferenzas, ou ben a autoridade xudicial determine o que proceda.

En determinados casos poderiamos incluso ter que consignar o diñeiro depositado, entregándollo á autoridade xudicial competente. Neste caso, comunicarémoslles aos titulares o motivo concreto do bloqueo.

Hai que dar un aviso previo para cancelar unha conta?

Non, non é necesario. En calquera momento podes solicitar a cancelación dunha conta. Nós teremos a obriga de xestionar a túa solicitude nun prazo máximo de 24 horas. Se compartes a conta con outros titulares, todos de forma conxunta teredes que solicitarnos a cancelación.

Podo darme de baixa dunha conta que comparto con outras persoas?

Si, podes solicitar en calquera momento a túa baixa como cotitular dunha conta, e non é necesario que o autorice o resto de titulares cos que compartes a conta.

Desde CaixaBank podemos opornos á cancelación dunha conta?

Podemos opornos a cancelar unha conta se a súa contratación foi obrigatoria para poder contratar e xestionar os cobramentos e os pagamentos derivados doutro servizo financeiro, como un préstamo persoal ou hipotecario. Neses casos, estamos obrigados a manter o prezo da conta mentres esta non se destine a outros usos.

Que é unha conta de pagamento básica?

Calquera persoa que non teña outra conta de pagamento en España ten dereito a acceder a unha conta de pagamento básica, agás en determinados casos regulados normativamente (Real decreto-lei 19/2017, do 24 de novembro). Para dispor dunha conta de pagamento básica non é obrigatorio adquirir outros produtos ou servizos da entidade.

Podes consultar máis información e as condicións para a contratación desta conta na nosa web.

Os prezos dos servizos dunha conta poden variar?

Si, podemos proporche un cambio nos prezos dos servizos se consideramos que é necesario para adaptalos a condicións de mercado ou do marco legal, a cambios tecnolóxicos ou organizativos, así como para introducir melloras na seguridade ou na experiencia de usuario.

Comunicarémosche a nosa proposta cunha antelación mínima de 2 meses á data prevista para a entrada en vigor das novas condicións. Durante este tempo, poderás exercer o teu dereito a oporte á medida proposta. Neste caso, cancelaremos o teu contrato sen ningún custo adicional.

Informarémoste da canle a través da que poderás exercer o teu dereito de oposición. Polo menos, a túa oficina xestora e unha canle en liña.

Proceso de contratación

Queres comprobar canto sabes de contas correntes? Realiza o noso test

1. Pode anularse unha transferencia xa realizada?

 

 

 

2. Cal é o prazo para a devolución dun recibo?

 

 

 

3. Pódese cobrar comisión de mantemento nunha conta instrumental?

 

 

 

4. Desde CaixaBank podemos modificar de forma unilateral as condicións dunha conta?

 

 

 

Comprobar respostas

NRI: 22151-2023-17195

Tarifas máximas de comisións, condicións e gastos repercutibles a clientes

Parabéns, acertaches 4 de 4 respostas.

Parabéns, acertaches 3 de 4 respostas.

Acertaches 2 de 4 respostas.

Acertaches 1 de 4 respostas.

Acertaches 0 de 4 respostas.

Pechar

  • Productos

    • Préstamos
    • Tarxetas
    • Aforro
    • Contas
    • Plans de pensións
    • Fondos
    • Nomina / Pensións
    • Seguros
  • Comunicación e recoñecementos

    • Comunicación(Abre en ventana nueva)
    • Premios
    • Ver máis  sobre redes sociais
  • Comunicación e redes sociais

    • (Abre en ventana nueva)
    • (Abre en ventana nueva)
    • (Abre en ventana nueva)
    • (Abre en ventana nueva)
    • (Abre en ventana nueva)
    • (Abre en ventana nueva)

© CaixaBank, S.A. 2023

  • Política de cookies
  • Privacidade
  • Aviso Legal
  • Tarifas e información de interese
  • MIFID
  • Información legal sobre Caixabank, S.A.
  • Sello de Excelencia EFQM (Abre en ventana nueva)
  • Western Europe
  • Banco más innovador (Abre en ventana nueva)
  • Certificación ISO
  • AQmetrix