Estes tratamentos teñen como base xurídica a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos por CaixaBank ou por un terceiro, sempre que sobre eses intereses non prevalezan os intereses de vostede, ou os seus dereitos e liberdades fundamentais, segundo se establece no art. 6.1.f) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD).
A realización destes tratamentos implica que realizamos unha ponderación entre os seus dereitos e o noso interese lexítimo na que concluímos que o último prevalece. En caso contrario, non realizariamos o tratamento. Vostede pode consultar en calquera momento a análise de ponderación do interese lexítimo dun tratamento enviando a súa consulta ao enderezo electrónico delegado.proteccion.datos@caixabank.com.
Ademais, lembrámoslle que ten dereito a oporse aos tratamentos baseados no interese lexítimo. Se vostede entende que CaixaBank e, se é o caso, as empresas corresponsables, deben de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Detallamos estes tratamentos a continuación, ordenados do (A) ao (M). Sinalaremos para cada un deles: o interese lexítimo de CaixaBank (Interese lexítimo de CaixaBank), a descrición da finalidade (Finalidade), a tipoloxía dos datos tratados (Tipoloxía dos datos tratados), se cómpre, información sobre o uso de perfís (Uso de perfís), outra información necesaria acerca do tratamento
(Outra información relevante) e se son ou non tratamentos realizados en réxime de corresponsabilidade con outras empresas do Grupo CaixaBank (Corresponsables/Responsable do tratamento).
A. Clasificación de clientes
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank é organizar os recursos humanos e materiais da entidade para a correcta e eficiente atención dos seus clientes.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é clasificar os clientes de acordo con parámetros sinxelos, como os seus ingresos ou saldos depositados na entidade, nómina ou outros ingresos domiciliados, idade, domicilio ou operativa de produtos contratados, e a consecuente organización dos recursos humanos e materiais da entidade para a súa correcta atención.
As operacións de tratamento que se realizan para clasificar os clientes de CaixaBank son:
- Agrupación de clientes en categorías e negocios en que se divide a actividade comercial da Entidade, e;
- Asignación a cada cliente dun centro de atención e/ou un empregado da Entidade, que actuará como o seu xestor.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos FEGA/SEGA
- Datos demográficos e socioeconómicos: datos estatísticos non asociados a persoas determinadas senón a zonas xeográficas, sectores de idade ou sectores de actividade profesional.
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
B. Xestión do desempeño de empregados, axentes e provedores
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank para realizar este tratamento é xestionar as relacións cos empregados e provedores de acordo co seu desempeño profesional.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é facer seguimento do desempeño, obxectivos e retos profesionais de empregados, axentes e provedores, mediante a análise das operacións e contratacións que estes manteñen cos clientes.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
- Uso accesorio da súa información: Nestes tratamentos de datos, trátase a información dos clientes, pero a súa información é accesoria á finalidade perseguida. Estes tratamentos non teñen ningún efecto nin consecuencia para o titular dos datos.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
C. Prevención da fraude
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank e as empresas corresponsables detalladas nesta epígrafe para realizar este tratamento é previr fraudes que supoñan perdas económicas ou reputacionais, á entidade ou aos seus clientes.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é adoptar as medidas necesarias para evitar operacións ou condutas maliciosas antes da súa consecución, ou reverter os seus efectos se se chegan a producir, mediante a identificación de operacións ou condutas sospeitosas de intentar cometer fraude á entidade ou aos seus clientes.
As operacións de tratamento que se realizan na loita contra a fraude son:
- Verificar a identidade dos clientes que se relacionan coa entidade para previr accesos fraudulentos a información ou operativas.
- Revisar e analizar as contratacións e operacións que se realizan nos nosos sistemas para protexer os nosos clientes da fraude en calquera canle e previr ciberataques.
- Consultar a súa identidade e a validez dos documentos de identificación achegados ante as bases de datos nacionais e internacionais xestionadas polas forzas e corpos de seguridade e organizacións análogas como INTERPOL (Organización Internacional de Policía Criminal), para validar que vostede é o titular do documento de identificación que nos achega e para protexelo/a da fraude de suplantación (que outra persoa se faga pasar por vostede).
- Consultar a información incluída no Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD, para detectar contas fraudulentas, e comunicar, se é o caso, as súas operacións fraudulentas.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas con vostede
- Datos de navegación propios
- Datos xeográficos
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
- Datos de avaliación de risco ou scoring (tratamento definido na epígrafe 6.2.C).
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
Uso de perfís: Este tratamento implica a elaboración dun perfil relativo á súa operativa e actividades habituais que utilizamos exclusivamente para identificar situacións anómalas que poden ser indicativas de intento de fraude.
- Finalidade do perfil: O perfil utilizado ten como finalidade identificar operativas ou interaccións non habituais ou afastadas do seu perfil de comportamentos susceptibles de ser intentos de fraude ou de acceso fraudulento a información.
- Consecuencias: Os perfís son ferramentas que axudan a identificar operacións fraudulentas e o seu uso comporta a aplicación de medidas que van desde a revisión detallada da operación, ao seu bloqueo ou denegación de execución automática.
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Decisións automatizadas: Para a prevención da fraude utilizaremos tratamentos automatizados para tratar de detectar operacións fraudulentas.
No caso de operacións que non poidan ser anuladas unha vez realizadas, tales como pagamentos ou transferencias inmediatas, se os tratamentos automatizados detectan operacións sospeitosas de non ser lexítimas bloquearanas impedindo a súa execución.
Vostede pode volver solicitar a operación na nosa rede de oficinas, onde a análise non incorpora decisións automatizadas, impugnar a decisión automatizada ou exercer o seu dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado contactando directamente con CaixaBank a través das canles indicadas na epígrafe 4 desta política.
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank e, se é o caso, as empresas corresponsables, deben de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
- Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD: CaixaBank está adherida ao Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD, en que participan as principais entidades financeiras do país e que é xestionado pola Sociedad Española de Sistemas de Pago, S.A. (Iberpay).
A finalidade deste servizo é reducir os niveis de fraude relacionados cos movementos entre contas, mediante a detección, investigación, control e posible denuncia de operacións sospeitosas e fraudulentas cometidas na conta corrente ou de aforro dos clientes. A base xurídica do tratamento é o interese lexítimo na loita contra a fraude que pode afectar a estas operacións.
CaixaBank poderá incluír no Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD os datos relativos ao número de IBAN e datos identificadores do titular da conta onde se detectase a operación sospeitosa ou fraudulenta. Vostede poderá consultar a listaxe actualizada de as entidades participantes en: https://www.iberpay.es/es/servicios/servicios/prevencion-del-fraude/
Os datos serán conservados un máximo de trinta días no caso das operacións sospeitosas, e dun ano no caso de operacións fraudulentas confirmadas.
As entidades participantes no Servizo de Prevención da Fraude PAYGUARD son as corresponsables do tratamento dos seus datos. Vostede pode solicitar os aspectos esenciais do acordo de corresponsabilidade dirixindo unha mensaxe electrónica a www.caixabank.com/delegadoprotecciondedatos, e exercer os seus dereitos en relación co tratamento dos datos a través de calquera das canles indicadas na epígrafe 4. Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
- Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE: CaixaBank está adherida ao Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE, en que participan algunhas das principais entidades financeiras do país e que é xestionado por FrauDfense, S.A.
A finalidade deste servizo é reducir os niveis de fraude relacionados coa actividade operativa dos clientes, mediante a detección, investigación, control e posible denuncia de operacións sospeitosas e fraudulentas cometidas na actividade operativa na conta corrente ou de aforro dos clientes máis nas súas operacións na banca dixital. A base xurídica do tratamento é o interese lexítimo de CaixaBank na loita e prevención da fraude na súa actividade operativa.
CaixaBank poderá incluír no Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE os datos relativos ao número de IBAN, datos relativos á operación fraudulenta identificada, datos do dispositivo desde o que se produciu a operación fraudulenta e datos identificadores do titular da conta onde se detectase a operación sospeitosa ou fraudulenta. Vostede poderá consultar a lista actualizada das entidades participantes de FRAUDFENSE en: https://916087356-1.servicio-online.net/sobre-nosotros1/nuestros-partners.
Os datos serán conservados no Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE un máximo de 12 meses no caso das operacións fraudulentas confirmadas e despois poderán conservarse bloqueados ata que expiren os prazos de prescrición aplicables.
As entidades participantes no Servizo de Prevención da Fraude FRAUDFENSE son as corresponsábeis do tratamento dos seus datos. Vostede pode solicitar os aspectos esenciais do acordo de corresponsabilidade dirixindo un correo a www.caixabank.com/delegadoprotecciondedatos ou a protecciondedatos@frauDfense.com.
Así mesmo, pode exercer os seus dereitos en relación co tratamento dos datos a través de calquera das canles indicadas na epígrafe 4, Exercicio de dereitos e presentación de reclamacións ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), así como dirixíndose a protecciondedatos@frauDfense.com.
Corresponsables do tratamento: As seguintes empresas tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
- Novo Micro Bank, S.A.U.
- Global Payments Moneytopay, EDE, S.L.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
Atopará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo.
D. Consulta e comunicación a sistemas de información crediticia no marco da solicitude e posterior xestión de produtos que impliquen financiamento.
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank para realizar este tratamento é evitar impagamentos e moras dos solicitantes ou titulares de produtos que impliquen financiamento.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é avaliar a solvencia e capacidade de devolución para (i) garantir un axeitado cumprimento por parte dos interesados das obrigas de pagamento derivadas das operacións concedidas, (ii) facer o seguimento e a xestión das operacións concedidas, e (iii) previr e xestionar o impagamento e as situacións de morosidade.
As operacións de tratamento que se realizan na consulta e comunicación a ficheiros de solvencia son:
- Consultar a súa información: Con carácter previo á concesión das operacións que impliquen financiamento ou co fin de levar a cabo o seguimento e xestión do risco do crédito concedido, consultaranse as bases de datos dos seguintes ficheiros de solvencia patrimonial e de crédito: (i) Ficheiro Asnef; (ii) Ficheiro Badexcug, e;
- Comunicar os seus datos persoais: Se vostede deixa de pagar calquera das obrigas monetarias que contraeu connosco respecto das nosas Relacións Contractuais, podemos comunicar os datos do impagamento aos mesmos ficheiros de solvencia patrimonial e de crédito, nas condicións e cos requisitos previstos na normativa.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son os seguintes:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de sistemas de información crediticia
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: CaixaBank é responsable da parte do tratamento relativa á consulta a sistemas de información crediticia. CaixaBank e os ficheiros de solvencia Asnef e Badexcug realizan en réxime de corresponsabilidade a parte do tratamento relativa á comunicación a sistemas de información crediticia. A continuación, indicámoslle os datos de contacto dos sistemas de información crediticia:
- Ficheiro Asnef: Asnef Equifax Servizos de Información sobre Solvencia e Crédito. Apartado de correos 10546, 28080 Madrid (sac@equifax.es)
- Ficheiro Badexcug: Apartado de correos 1188, 28108 Alcobendas (badexcug@experian.com)
E. Obtención de datos de contacto adicionais para a xestión de situacións de impagamento
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank é recuperar débeda en situacións de impagamento, para o que cómpre ter datos de contacto actualizados dos clientes.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é conseguir información de contacto adicional dos clientes para contactar con eles en caso de incumprimento das súas obrigas contractuais.
Os datos de contacto adicionais obtéñense de listaxes públicas (Páxinas Brancas, Páxinas Amarelas e Lleida.net) e listaxes privadas (Equifax ou detectives) a través de axencias de recuperación de débeda, garantindo sempre que os datos solicitados cumpran co principio de calidade, e que se obteñan de maneira lícita.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son os seguintes:
- Datos de identificación e de contacto
- Informacións obtidas de fontes de acceso público e rexistros públicos
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
F. Elaboración de informes de xestión e modelos matemáticos
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank para realizar este tratamento é deseñar, organizar e optimizar a súa actividade empresarial e comercial da maneira máis eficiente posible, para o que cómpre dispor de informes sobre a xestión e actividade da compañía e do mercado, así como algoritmos matemáticos de análise avanzada de información.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é elaborar informes sobre a actividade da compañía e a súa relación co mercado, sobre a composición e evolución da súa base de clientes e sobre a conveniencia e eficacia dos seus produtos e servizos, que permitan a súa eficiente dirección e xestión e crear e manter modelos estatísticos e matemáticos que permitan realizar os tratamentos detallados nesta política que requiran cálculos e análises avanzadas da información.
Tipoloxías de datos tratados Os datos que trataremos para esta finalidade son os que se identificaron previamente en cada un dos tratamentos, aplicando, cando sexa posible, técnicas de anonimización ou pseudonimización para garantir que eses tratamentos non teñen impacto nos dereitos dos seus titulares, e que o resultado dos tratamentos son informes con información estatística ou agregada, ou fórmulas matemáticas ou algorítmicas.
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
- Tratamento de datos accesorio: O tratamento de datos para a creación de informes estatísticos e modelos matemáticos non teñen como finalidade o tratamento dos datos en relación cos clientes de maneira individual.
Este tratamento de datos é necesario, pero accesorio, á finalidade principal que é elaborar informes de xestión, ou fórmulas algorítmicas ou matemáticas e, por iso, realízanse utilizando sempre que é posible técnicas de anonimización ou, no seu lugar, pseudonimización e minimización da información tratada.
Estes tratamentos non teñen ningunha afectación individual nin consecuencia sobre os titulares dos datos.
Responsable do tratamento: Cando se realicen informes de xestión ou modelos matemáticos orixinados noutros tratamentos desta política cuxo responsable sexa CaixaBank, o responsable deste tratamento tamén será CaixaBank.
No caso de que se realicen informes de xestión ou modelos matemáticos orixinados noutros tratamentos desta política que se realicen en réxime de corresponsabilidade, este tratamento realizarase no mesmo réxime de corresponsabilidade que o tratamento orixinal. Nestes casos atopará o detalle das empresas corresponsables e os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en www.caixabank.es/empresasgrupo.
G. Comunicacións comerciais baseadas nun perfil comercial básico
A quen se aplica este tratamento?: Realizaremos este tratamento cos seus datos unicamente se:
- non nos manifestou as súas preferencias sobre os tratamentos comerciais descritos nos apartados 6.1.A., 6.1.B. e 6.1.C desta política
- non exerceu o seu dereito de oposición.
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank para realizar este tratamento é potenciar a comercialización dos produtos e servizos da súa carteira e a fidelización dos clientes.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é o envío de comunicacións comerciais sobre produtos e servizos similares aos que vostede contratou con CaixaBank, de acordo cun perfil comercial básico que realizaremos cos seus datos.
Tipoloxías dos datos tratados: as tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son os seguintes:
- Datos identificadores e de contacto: nome e apelidos, sexo, información de contacto postal, telefónica e electrónica, domicilio de residencia, nacionalidade, data de nacemento, idioma de comunicación, documento de identificación.
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos: actividade profesional ou laboral, ingresos ou retribucións, unidade ou círculo familiar, nivel de estudos, patrimonio, datos fiscais e datos tributarios.
- Datos de contratación: produtos e servizos contratados ou solicitados, condición de titular, autorizado ou representante do produto e servizo contratado, categorización segundo a normativa en materia de mercados de valores e instrumentos financeiros (categoría MiFID), información sobre investimentos realizados e a súa evolución e información e movementos das operacións de financiamento.
- Datos financeiros básicos: saldos actuais e históricos de produtos e servizos e historial de pagamento dos produtos e servizos contratados.
- Datos da súa condición de accionista, ou non, de CaixaBank: se ten ou non accións de CaixaBank.
- Datos das comunicacións mantidas con vostede: datos obtidos en chats, muros, videoconferencias, chamadas telefónicas ou medios equivalentes.
- Datos de navegación propios: Se vostede aceptou o uso de cookies e tecnoloxías similares nos seus dispositivos de navegación, os datos obtidos das súas navegacións polas nosas páxinas web ou aplicacións móbiles e a navegación que realice nelas: historial de navegación (páxinas visitadas e clics en contidos), ID do dispositivo, ID de publicidade, enderezo IP e versión instalada da aplicación.
- Datos xeográficos: Se o autorizou na configuración da propia aplicación, os datos de xeolocalización do seu dispositivo móbil proporcionados pola instalación e/ou o uso das nosas aplicacións móbiles.
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
- Datos de avaliación de risco ou scoring: nas operacións de financiamento ou pagamento por cotas, deduciremos a súa capacidade de pagamento ou non pagamento, ou os límites de risco, aplicando modelos matemáticos estatísticos que se calculan cos seus datos (tratamento definido na epígrafe 6.2.C).
- Datos de clasificación de clientes. (tratamento definido na epígrafe 6.4.A).
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos: utilizamos os resultados da aplicación de modelos matemáticos cos datos dos clientes, para deducir os seus hábitos de consumo, preferencias/propensións de contratación ou clasificación de clientes.
- Datos demográficos e socioeconómicos: datos estatísticos non asociados a persoas determinadas senón a zonas xeográficas, sectores de idade ou sectores de actividade profesional, que utilizaremos para poñelos en relación coa información dos clientes.
Uso de perfís: Para este tratamento elaboraremos un perfil comercial básico unicamente cos datos que lle indicamos anteriormente:
- Finalidade do perfil: O perfil utilizado ten como finalidade deducir os produtos e servizos que creamos que lle poden interesar, para ofrecerlle a súa contratación en lugar de dirixirlle ofertas comerciais xenéricas.
- Consecuencias: a consecuencia do uso do perfil comercial básico é o envío de ofertas sobre produtos e servizos comercializados por CaixaBank, personalizadas de acordo cos datos que lle indicamos. Este perfilado non o utilizamos, en ningún caso, para a denegación de ningún produto ou servizo, nin para determinar límites de crédito.
Que se opoña a este tratamento non impide, limita ou condiciona o seu acceso ao noso catálogo completo de produtos e servizos que ten sempre á súa disposición.
No caso de que solicite a contratación de calquera produto ou servizo, a súa solicitude será avaliada con vostede conforme aos nosos procedementos ordinarios, sen que a oposición a este tratamento afecte a esta avaliación.
A non aceptación deste tratamento tampouco impedirá que contactemos con vostede para a xestión operativa dos produtos e servizos que teña contratados.
- Lóxica: Este perfil comercial básico calcúlase a partir dos datos indicados no apartado “Datos tratados”, cunha profundidade temporal de trece meses.
A estes datos aplícanselles fórmulas matemáticas obtidas a partir de comportamentos observados no pasado en clientes de similares características para, deste xeito, inferir a propensión ao consumo do cliente. Estas fórmulas matemáticas permiten determinar a importancia de cada un dos datos tratados no resultado final do perfil do cliente.
O devandito resultado final é a probabilidade de que o cliente estea interesado nun produto ou servizo.
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Vostede ten dereito a oporse aos tratamentos baseados no interese lexítimo.
Pode facelo de maneira sinxela e gratuíta a través da seguinte ligazón www.caixabank.es/ile ou chamando ao número de teléfono 93 102 82 89.
Ademais, ten á súa disposición as canles habituais que lle indicamos na epígrafe 4.
Se decide exercer o seu dereito de oposición, informámolo/a de que deixaremos de realizar o tratamento sen requirirlle que nos indique motivo que xustifique que deixemos de realizar o tratamento de datos.
- Comprobación previa da súa capacidade de pagamento: Cando as ofertas que queiramos transmitirlle consistan en produtos ou servizos que impliquen o pagamento de cotas ou en financiamento, comprobaremos previamente a súa capacidade de pagamento.
Esta comprobación previa realizarémola mediante o tratamento detallado na epígrafe 6.2.C da nosa Política de privacidade, co fin de ofrecerlle un límite de crédito e un prazo de devolución axeitados ao coñecemento que teñamos da súa situación financeira, de acordo cos principios de responsabilidade na oferta de produtos de financiamento esixidos polo Banco de España e pola normativa sobre supervisión prudencial e de solvencia das entidades de crédito e de préstamo responsable.
Vixencia do tratamento: Deixaremos de realizar este tratamento, sen ningún outro requisito adicional, en calquera destas dúas circunstancias:
-
- Cando nos poñamos en contacto con vostede para solicitar o seu consentimento aos tratamentos comerciais das empresas do Grupo CaixaBank descritos nos apartados 6.1. (A, B e C), tanto se vostede os autoriza como se os rexeita.
- No caso de que vostede exercite o seu dereito de oposición.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
H. Políticas de sancións e contramedidas financeiras internacionais de OFSI e OFAC
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank e as empresas corresponsables detalladas nesta epígrafe para realizar este tratamento, é o cumprimento dos programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais dos Estados Unidos e do Reino Unido, para poder desenvolver a súa actividade mercantil neses países.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é a adopción das medidas previstas nos programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais adoptados pola Office of Financial Sanctions Implementation (OFSI) of His Majesty's Treasury (HTM) do Reino Unido e o U. S. Department of the Treasury’s Office of Foreign Assets Control (OFAC).
Para cumprir estes programas de sancións e contramedidas financeiras internacionais as empresas corresponsables contrastaremos se vostede consta en listaxes de persoas ou entidades que estean incluídas nas medidas restritivas deses dous organismos.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos relativos a sancións internacionais
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Corresponsables do tratamento: As seguintes empresas do Grupo CaixaBank tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
- VidaCaixa, S.A. de seguros y reaseguros
- Novo Micro Bank, S.A.U.
- CaixaBank Asset Management SGIIC, S.A.U.
- CaixaBank Equipment Finance, S.A.U.
- Telefónica Consumer Finance, E.F.C., S.A.
- Buildingcenter, S.A.U.
- Livingcenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Puerto Triana, S.A.
- Bankia Habitat, S.L.U.
- Unión de Crédito para o Financiamento Mobiliario e Inmobiliario, CREDIFIMO, E.F.C., S.A.U.
- Banco BPI, S.A.
- BPI Gestão de Ativos, SGOIC, S.A.
- CaixaBank Wealth Management Luxembourg, S.A.
- CaixaBank Asset Management Luxembourg, S.A.
- OpenWealth, S.A.U.
Atopará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo.
I. Mellora da eficiencia de procesos internos
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank é xestionar de maneira eficiente os procesos, optimizándoos ao máximo, garantindo un maior nivel de calidade do servizo e unha eventual mellora da continuidade do negocio.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é realizar revisións dos procesos internos, analizando e identificando as volumetrías e tempos dos procesos e das interaccións de clientes cos sistemas da Entidade.
Deste xeito, obtense información agregada que serve de apoio para a toma de decisións para mellorar os procesos internos e, xa que logo, mellorar a experiencia dos clientes.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Identificadores e de contacto
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos das comunicacións mantidas coa persoa interesada
- Datos de navegación propios
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos
- Datos obtidos da execución de modelos estatísticos
- Datos obtidos de fontes de acceso público ou fontes externas
- Datos de navegación de terceiros
Outra información relevante: A continuación, encontrará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifique que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
J. Enquisas a clientes
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank para realizar este tratamento é coñecer o grao de satisfacción dos seus clientes e mellorar os servizos e produtos que lles ofrece garantíndolles unha experiencia axeitada que cumpra as súas expectativas.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é a realización de enquisas a clientes para coñecer o seu grao de satisfacción cos servizos da entidade e poder mellorar, se é o caso, os circuítos internos.
Tipoloxías dos datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos identificadores e de contacto.
- Datos de contratación
- Datos de navegación propios
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos previstos nesta política:
- Datos de clasificación de clientes (tratamento definido na epígrafe 6.4.A).
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Se decide exercer o seu dereito de oposición, informámolo/a de que deixaremos de realizar o tratamento sen requirirlle que nos indique motivo que xustifique que deixemos de realizar o tratamento de datos.
- Vixencia do tratamento: Deixaremos de realizar este tratamento, sen ningún outro requisito adicional, no caso de que vostede exercite o seu dereito de oposición.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
K. Determinación de medidas sociais en activos adxudicados
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo de CaixaBank para realizar este tratamento é xestionar axeitadamente o risco reputacional de acordo coas Guías EBA/GL/2017/11 e EBA/GL/2022/03, sobre xestión de riscos e goberno interno, respectivamente, adoptadas polo Banco de España mediante senllas Directrices, e a axeitada aplicación do Código de Boas Prácticas introducido polo Real decreto-lei 6/2012, do 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedores hipotecarios sen recursos.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é a determinación sobre se concorren circunstancias excepcionais de vulnerabilidade residencial, que xustifiquen se é o caso a aplicación de medidas sociais axeitadas e dispoñibles, para a axeitada xestión dos riscos e da acción social, así como para a axeitada xestión do inmoble.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
- Datos sobre capacidade xurídica e sobre necesidades especiais de comunicación
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos das comunicacións mantidas coa persoa interesada
- Datos de saúde
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank ten que ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Corresponsables do tratamento: CaixaBank tratará os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento coa empresa do Grupo CaixaBank que resulte propietaria do inmoble en cada caso, que será unha das seguintes:
- BuildingCenter, S.A.U.
- LivingCenter Activos Inmobiliarios, S.A.U.
- Bankia Habitat S.L.U.
Encontrará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo.
L. Defensa dos dereitos e intereses da CaixaBank por vía xudicial ou administrativa
Interese lexítimo de CaixaBank: O interese lexítimo da CaixaBank é a defensa dos seus dereitos e intereses, tanto por vía xudicial como administrativa, amparándose no seu dereito á tutela xudicial efectiva.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é a realización de todas as xestións necesarias para garantir a levanza dos procedementos administrativos ou xudiciais, instados por ou contra CaixaBank.
Tipoloxías de datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade son os seguintes:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos da súa actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos sensibles relativos a situacións de vulnerabilidade
- Datos sobre capacidade xurídica e sobre necesidades especiais de comunicación
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos das comunicacións mantidas coa persoa interesada
- Informacións obtidas de fontes de acceso e rexistros públicos
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: Se vostede entende que CaixaBank debe de ter en conta algunha situación particular ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
Responsable do tratamento: O responsable deste tratamento é CaixaBank. Este tratamento non se realiza en corresponsabilidade.
M. Elaboración de información estatística
Interese lexítimo das empresas corresponsables: O interese lexítimo das empresas corresponsables detalladas neste epígrafe para realizar este tratamento é crear un conxunto de información estatística sobre os seus procesos de negocio.
Finalidade: A finalidade deste tratamento é levar a cabo procesos de agregamento sobre determinados datos persoais que permitan obter un conxunto de información completamente anonimizada e agregada sobre os procesos de negocio das diferentes empresas corresponsables.
Tipoloxías dos datos tratados: As tipoloxías de datos que trataremos para esta finalidade, cuxo contido está detallado na epígrafe 5, son:
- Datos de identificación e de contacto
- Datos de actividade profesional ou laboral e socioeconómicos
- Datos de contratación
- Datos financeiros básicos
- Datos de terceiros observados nos extractos e recibos de contas á vista e contas de pagamento
- Datos da súa condición de accionista ou non de CaixaBank
- Datos de navegación propios
- Datos xeográficos
- Datos obtidos da execución doutros tratamentos
Outra información relevante: A continuación, atopará outra información importante sobre este tratamento:
- Dereito de oposición ao tratamento: se vostede entende que as empresas corresponsables, deben ter en conta algunha situación ou outros motivos que xustifiquen que deixemos de realizar o tratamento de datos, pode solicitalo de maneira sinxela e gratuíta a través das canles que lle indicamos na epígrafe 4.
- Tratamento de datos accesorio: O tratamento de datos persoais limítase ás operacións de tratamento necesario para a elaboración de información estatística e realízase con técnicas de agregamento ata chegar á anonimización definitiva da información.
Corresponsables do tratamento: As seguintes empresas tratarán os seus datos en corresponsabilidade para este tratamento:
- CaixaBank, S.A.
- CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U.
- Global Payments Moneytopay, EDE, S.L.
- Comercia Global Payments Entidad de Pago, S.L.
Encontrará os aspectos esenciais dos acordos do tratamento en corresponsabilidade en: www.caixabank.es/empresasgrupo.