Actúa con precaución. Ante calquera dúbida, contacta con CaixaBank a través dos canles oficiais.
Chámannos ao 93 887 25 25.
TIP DE SEGURIDADE #1
O phishing é un dos ciberfraudes máis comúns.
Por iso, desconfía de emails, chamadas e mensaxes con ligazóns nas que che pidan datos persoais ou financeiros ou che soliciten que fagas operativas non habituais. En caso de dubida, ponte ti en contacto co teu xestor ou chámanos ao noso teléfono de Atención ao cliente: 93 887 25 25.
TIP DE SEGURIDADE #2
Saber distinguir un comercio online seguro dun que non o é, é clave. Antes de comprar online, verifica o comercio, o importe e as opinións doutros usuarios. Se algo non cadra, cancela.
TIP DE SEGURIDADE #3
En Internet, os ciberdelicuentes intentan seducirnos con produtos “bicoca”. Se algo é demasiado bo ou excesivamente barato, o máis seguro é que sexa un fraude.
TIP DE SEGURIDADE #4
O teu contrasinal é a porta de entrada a túa información confidencial. Protéxete mellor con bos contrasinais e non as compartas con ninguén. Que sexan diferentes, robustos, e gárdaos no teu xestor de contrasinais para máis seguridade.
TIP DE SEGURIDADE #5
Cando te conectes a unha wifi pública, ten coidado coa información que compartes. Nunca teclees datos persoais ou financeiros, pois as wifis gratuítas poderían estar comprometidas. Mellor utiliza os datos móbiles para iso.
TIP DE SEGURIDADE #6
Sabías que se perdes ou che rouban o móbil poden utilizalo para quitarche os cartos? Activa o bloqueo de pantalla e a autenticación para pagamentos co teu móbil, así os ladróns vano ter moito máis difícil. Se che rouban ou perdes o móbil, avisa rapidamente a Atención ao cliente (93 887 25 25).
TIP DE SEGURIDADE #7
Sempre que alguén, incluso unha persoa familiar, che pida diñeiro de forma urxente ou pouco habitual por teléfono ou mensaxe, sospeita. Os ciberdelincuentes poden facerse pasar por alguén próximo para roubarte. Ata poden suplantar a súa identidade en vídeos ou audios. Non creas nada e faille una chamada ti para verificalo.
TIP DE SEGURIDADE #8
Os nervios e as présas nunca foron bos. Por iso, ante calquera intento de fraude actúa con calma, utiliza o sentido común e nunca te precipites. Se dubidas, verifica a través de contactos oficiais.
Chámannos ao 93 887 25 25.