Xa podes acceder ao Servizo Nómina 15, co que recibirás de forma totalmente gratuíta1 o 50% da túa nómina o día 15 de cada mes. Ti escolles. Para que esperar por algo que podes ter antes?
É un servizo gratuíto e exclusivo mediante o cal CaixaBank che aboará na conta o 50% do importe da túa nómina o día 15 de cada mes.
Este servizo é totalmente gratuíto e non ten ningún custo. Non xera ningún tipo de comisión nin xuros de demora.
Ti elixes: podes activar ou desactivar o servizo en calquera momento accedendo ao Servizo Nómina 15 desde o menú lateral de Contas, dentro de O meu día a día.
Ao final de mes, no momento de cobrares a nómina, detraeremos a parte que che adiantamos, sen ningún tipo de custo para ti.
O Servizo Nómina 15 está dirixido a persoas físicas que sexan clientes de CaixaBank cunha antigüidade de, polo menos, 3 meses e que cumpran durante toda a vixencia deste servizo coas seguintes condicións:
- Ter a nómina domiciliada nunha conta de CaixaBank.
- Estar ao corrente de pagamento das obrigas contraídas con CaixaBank e co resto de entidades do seu grupo.
- Que o saldo na túa conta non estea total ou parcialmente afectado por ningún tipo de embargo.
Para adherirse ao Servizo Nómina 15, unicamente se terán en consideración os ingresos periódicos que percibes en virtude dunha relación funcionarial, mediante unha transferencia bancaria tipo nómina emitida directamente polo pagador da nómina. En calquera caso, a nómina non deberá estar embargada nin peñorada.
O servizo actívase para nóminas superiores a 736 €
O importe que se aboará calcularase coa media suavizada dos últimos 3 meses (eliminando o de máis importe e realizando a media).
Cando:
- Deixes de ter domiciliada a nómina ou de percibila en CaixaBank.
- Non esteas ao día no cumprimento de calquera das obrigas contraídas con CaixaBank.
- Así o solicites como cliente.
- A pedimento do cliente.
- Pactes condicións especiais para facer disposicións en descuberto na túa conta; o teu saldo quede embargado total ou parcialmente, sexa cal for o organismo que embarga; peñores a conta; ou, finalmente, solicites ou a entidade aceptase o refinanciamento dos teus compromisos de pagamento con CaixaBank.
CaixaBank comunicarache o cesamento do servizo por calquera dos medios de comunicación pactados no contrato de conta bancaria, como o repositorio de comunicados do servizo de banca por Internet de CaixaBank, SMS, correo electrónico ou push.
Igualmente, CaixaBank poderá modificar as condicións do servizo ou resolvelo comunicándocho cun prazo de antelación de dous (2) meses. Entenderemos que aceptas as condicións que che propoñamos en caso de que non nos comuniques o contrario.
En caso de que CaixaBank ao final do mes no poida cobrar as cantidades anticipadas o día 15, os datos relativos ao impagamento poderán ser comunicados a ficheiros de cumprimento ou incumprimento de obrigas monetarias.
1. O importe que se aboará calcularase coa media suavizada dos últimos tres meses (eliminando o de máis importe e realizando a media). Para beneficiarse do Servizo Nómina 15 é preciso ter a nómina domiciliada nunha conta de CaixaBank, estar ao corrente de pagamento das obrigas contraídas con CaixaBank e co resto de entidades do seu grupo e que o saldo en conta non estea total ou parcialmente afectado por ningún tipo de embargo. O servizo actívase cunha nómina superior a 736 €. Para adherirse ao servizo, unicamente se terán en consideración os ingresos periódicos percibidos en virtude dunha relación funcionarial, mediante unha transferencia bancaria tipo nómina emitida directamente polo pagador da nómina.
NRI: 23123-2023-17195


