1. A cota polos servizos incluídos é de 0 €/mes, sempre que o cliente teña domiciliada unha nómina cun importe igual ou superior a 600 €/mes, pensión cun importe igual ou superior a 300 €/mes ou produtos cun importe superior a 20.000 €: fondos de investimento, carteiras de fondos, estruturados, carteiras xestionadas, seguros de aforro e plans de pensións individuais en Día a Día, e que realizase polo menos tres pagamentos con calquera tarxeta de CaixaBank Payments&Consumer no trimestre anterior ao da liquidación (exclúense as tarxetas de empresa e as emitidas conxuntamente cun terceiro; por exemplo, as tarxetas emitidas conxuntamente con outro comercio ou marca) ou recibise tres ou máis recibos domiciliados e pagos en CaixaBank no trimestre anterior ao de liquidación (para contabilizar un recibo, este debe ser de distinto emisor e exclúense os recibos de entidades financeiras e entidades vinculadas a Caixabank S.A.: SegurCaixa Adeslas S.A., VidaCaixa S.A.U. e CaixaBank Payments&Consumer). En caso de ter domiciliada unicamente a nómina, pensión ou produtos con importe superior a 20.000 €, a cota é de 15 € ao trimestre, e en caso de non cumprir con ningún dos requisitos é de 60 € ao trimestre. Cóbrase unha cota por cada conxunto de contas coa mesma combinación de titulares. En caso de acudir á oficina para efectuar unha operativa que poidas realizar por caixeiro, CaixaBankNow ou outra canle de autoservizo, como pode ser o pagamento de recibos e impostos, reintegros de efectivo, traspasos e transferencias, ingreso de cheques, solicitude de talonario e consultas de posición, saldo ou extracto, poderémosche cobrar 2 € por operación. Día a Día é un programa que agrupa e permite xestionar os principais servizos e produtos para gozar sen límite nunha única cota. Máis información, en www.caixabank.es/dia-a-dia. A conta non se retribúe. A TAE pódese variar segundo se o cliente cumpre os requisitos de bonificación e en función do saldo medio do cliente como consecuencia da aplicación de comisións por importe fixo. Conta totalmente bonificada:0% TAE,0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que cumpra cos requisitos de gratuidade e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano. Conta parcialmente bonificada: -1,20% TAE,0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que achegue a súa nómina nas condicións indicadas (15 € de comisión/trimestre) e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano. Conta sen bonificar: -4,71% TAE,0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que non cumpra con ningún requisito de gratuidade (60 € de comisión/trimestre) e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano. Conta sen bonificar: -4,71% TAE,, 0 % TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que non cumpra con ningún requisito de gratuidade (60 € de comisión/trimestre) e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano. Todos os titulares das contas teñen que ser persoas físicas. Exclúense as contas HolaBank Living Solutions, Privilegia, Conta de Pagamento Básica, Conta Social, imaginBank, contas en divisa, e contas que pertencen a colectivos con acordos especiais, e contas con actividade comercial ou profesional, que seguirán mantendo as súas condicións particulares. O prezo do paquete de servizos cobrarase por cada conxunto de contas para cada combinación de titulares. Para garantir a túa privacidade, se desexas que as reducións do prezo se estendan ás novas contas que contrates e compartas con outros clientes, así como se modificas a titularidade dalgunha das túas contas, será preciso que nos autorices facelo. Pedirémosche a autorización no momento de engadir un novo titular ou abrir unha nova conta. Debes ter en consideración que os cotitulares beneficiados pola redución do prezo nas súas contas terán información de calquera circunstancia que, de acordo co que se establece neste comunicado, dea lugar a unha modificación das reducións do prezo. Se decides non aceptar esta autorización, cobrarémosche a cota íntegra en cada conxunto das túas contas con idénticos titulares nos que non sexas único titular.
2. Se contratas unha conta adherida ao paquete de servizos “Día a Día”, os primeiros 6 meses non se cobrarán comisións de mantemento e administración aínda non cumprindo os requisitos de vinculación indicados no legal 1. Para poder gozar desta vantaxe tanto ti coma o resto de titulares da nova conta debedes ser clientes novos en CaixaBank. Para que as comisións de mantemento e administración sigan sendo gratuítas despois dos 6 primeiros meses deberás cumprir os requisitos establecidos no legal 1, tendo en conta que o cumprimento destes se verificará con respecto ao trimestre anterior á aplicación da primeira comisión de mantemento.
3. Día a Día é un paquete de servizos que inclúe, por un prezo unificado, administración e mantemento de contas correntes á vista en euros, transferencias SEPA estándar, emisión e mantemento de tarxetas de crédito estándar asociadas (Visa Classic e MyCard, a concesión da tarxeta de crédito está suxeita á análise da solvencia e da capacidade de devolución do solicitante, en función das políticas de risco de CaixaBank Payments & Consumer. Caixabank, S.A., entidade axente da emisora das tarxetas, a entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C. E.P., S.A.U., co CIF A-08980153. Inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid, tomo 36556, folio 29, folla M-656492, e inscrita no Rexistro Oficial de Entidades do Banco de España co código 8776. O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento elixido por CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C. E.P., S.A.U., é o seu depósito nunha conta separada aberta en Caixabank, S.A.), certificados solicitados por CaixaBankNow, uso ilimitado de CaixaBankNow e de toda a rede de caixeiros automáticos de CaixaBank e negociación e compensación de cheques nacionais en euros en todas as contas sempre que se realicen por autoservizo.
4. Teranse en consideración os produtos con importe superior a 20.000 €: fondos de investimento, carteiras de fondos, estruturados, carteiras xestionadas, seguros de aforro e plans de pensións individuais.
5. Promoción válida para todo o territorio nacional desde o 9-1-2023 ata o 30-04-2023 ou ata esgotadas existencias (20.000 unidades) para novas domiciliacións de nómina cun importe mínimo de 1.200 €/mes nunha conta aberta en CaixaBank, coa domiciliación de tres recibos e tres compras con tarxeta ao trimestre, 24 meses de permanencia destas condicións e 24 meses adicionais como cliente. A promoción ten a consideración de remuneración en especie, suxeita a ingreso a conta segundo a normativa fiscal vixente. Non ten retribución en efectivo. En caso de incumprimento, cobrarase unha penalización de 269 € polo televisor LG 32LQ570B6 de 81 cm (32”). Non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos (nómina, autónomos ou pensións) realizadas con posterioridade ao 01-01-2021.
6. Promoción válida para todo o territorio nacional desde o 9-1-2023 ata o 30-04-2023 ou ata esgotadas existencias (10.000 unidades) para novas domiciliacións de nómina, cun importe mínimo de 2.500 €/mes nunha conta aberta en CaixaBank, coa domiciliación de tres recibos e tres compras con tarxeta ao trimestre, 24 meses de permanencia destas condicións e 24 meses adicionais como cliente. A promoción ten a consideración de remuneración en especie, suxeita a ingreso a conta segundo a normativa fiscal vixente. Non ten retribución en efectivo. En caso de incumprimento, cobrarase unha penalización de 549 € polo televisor LG 4K UHD 50UQ751 de 127 cm (50”). Non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos (nómina, autónomos ou pensións) realizadas con posterioridade ao 01-01-2021. Máis información, en www.CaixaBank.es.
7. “Conta imaginBank” é un paquete de servizos que inclúe, por un prezo unificado, administración e mantemento dunha conta corrente á vista en euros, transferencias SEPA estándar ata 20.000 €, tarxetas de débito estándar asociadas: emisión e mantemento, certificados solicitados por imaginBank, uso ilimitado de imaginBank e de toda a rede de caixeiros automáticos de CaixaBank. A cota polos servizos incluídos é de 0 €/mes. Ademais, debe utilizar sempre exclusivamente as canles electrónicas para as seguintes operacións: pagamento de recibos e impostos, reintegros de efectivo, traspasos e transferencias (emitidas en euros, con destino á UE, importe non superior a 20.000 €, non urxentes nin con data valor o mesmo día, con datos completos e correctos), consultas de posición, saldo ou extracto. Se, podéndose realizar por autoservizo, as devanditas operacións se realizan presencialmente no portelo dunha oficina, terán un custo adicional de 2 € ao prezo do servizo utilizado. Máis información, en www.imagin.com. A conta non se retribúe. 0% TAE,0% TXN. A TAE está calculada para unha conta dun cliente que cumpra cos requisitos de gratuidade e que manteña un saldo medio de 5.000 € durante un ano.
imaginersGen S.A., axente de Global Payments MoneyToPay, EDE, S.L (Entidade diñeiro electrónico), co NIF B65866105, e inscrita no Rexistro Oficial de Entidades do Banco de España co código 6702 e entidade que ofrece a tarxeta débito. O sistema de protección de fondos de usuarios de servizos de pagamento elixido por Global Payments MoneyToPay, EDE, S.L é o seu depósito nunha conta separada aberta en Caixabank S.A.
imaginersGen S.A., axente de Caixabank, S.A., co NIF A08663619, e inscrita no Rexistro Administrativo Especial do Banco de España co número 2100 e entidade que ofrece a conta bancaria.
8. imaginersGen S.A, axente de Caixabank, S.A.. Caixabank, S.A., axente da entidade de pagamento híbrido CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER, E.F.C., E.P. (Entidade de pagamento), S.A.U., co CIF A-08980153 e inscrita no Rexistro Oficial de Entidades do Banco de España co código 8776. Entidade que ofrece as tarxetas de débito e crédito. O sistema de protección de fondos de usuarios de servizos de pagamento escollido por CAIXABANK PAYMENTS & CONSUMER é o seu depósito nunha conta separada aberta en Caixabank, S.A.
9. HolaBank é o programa especializado de CaixaBank dirixido aos clientes internacionais mediante o que a entidade quere acompañalos durante toda a súa estancia no noso país e ofrecerlles un servizo que dea resposta ás súas necesidades financeiras e facilite ao máximo o seu día a día.
NRI: 20419-2021-05555