1. Promoción válida para todo o territorio nacional ata o 31/05/2024 ou ata esgotar existencias (20.000 unidades) para novas domiciliacións de nómina cun importe mínimo de 1.200 €/mes nunha conta aberta en CaixaBank coa domiciliación de tres recibos e tres compras con tarxeta ao trimestre, con 24 meses de permanencia destas condicións e 24 meses adicionais como cliente. A entrega deste obxecto tributa no imposto sobre a renda das persoas físicas como rendemento do capital mobiliario en especie suxeito a ingreso a conta segundo a lexislación vixente e sen prexuízo do que establecen os réximes tributarios forais. O ingreso a conta non se repercutirá ao cliente. O perceptor da retribución en especie debe declarar un rendemento de capital mobiliario determinado polo valor de mercado do obxecto entregado máis o importe do ingreso a conta practicado pola entidade financeira. Non ten retribución en efectivo. En caso de incumprimento, cobrarase unha penalización de 269 € polo televisor Samsung UE 32T4305AEXXC de 80 cm (32”). Non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos (nómina, autónomos ou pensións) realizadas con posterioridade ao 01/01/2022. Máis información, en www.CaixaBank.es A entrega das TV será a partir do 15 de febreiro de 2024.
2. Promoción válida para todo o territorio nacional ata o 31/05/2024 ou ata esgotar existencias (10.000 unidades) para novas domiciliacións de nómina cun importe mínimo de 2.500 €/mes nunha conta aberta en CaixaBank coa domiciliación de tres recibos e tres compras con tarxeta ao trimestre, con 24 meses de permanencia destas condicións e 24 meses adicionais como cliente. A entrega deste obxecto tributa no imposto sobre a renda das persoas físicas como rendemento do capital mobiliario en especie suxeito a ingreso a conta segundo a lexislación vixente e sen prexuízo do que establecen os réximes tributarios forais. O ingreso a conta non se repercutirá ao cliente. O perceptor da retribución en especie debe declarar un rendemento de capital mobiliario determinado polo valor de mercado do obxecto entregado máis o importe do ingreso a conta practicado pola entidade financeira. Non ten retribución en efectivo. En caso de incumprimento, cobrarase unha penalización de 499 € polo televisor Samsung 4K UHD TU50CU7105KXXC de 125 cm (50”). Non acumulable a outras promocións de domiciliación de ingresos (nómina, autónomos ou pensións) realizadas con posterioridade ao 01/01/2022. Máis información, en www.CaixaBank.es. A entrega das TV será a partir do 15 de febreiro de 2024.
3. A conta Online inclúe, por 0 €, a apertura e mantemento dunha conta corrente e do servizo da banca dixital CaixaBankNow, ingresos de cheques en euros domiciliados nunha entidade financeira en España e a emisión de transferencias SEPA estándar en euros, coroas suecas ou lei romaneses, dentro da UE. A conta non se retribúe 0% TAE. 0% TXN. Caixabank, S.A. co NIF A08663619. Inscrita no Rexistro Administrativo Especial do Banco de España co número 2100 é a entidade que ofrece a conta bancaria.
4. Tarxeta de débito emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. (“CPC”), con domicilio en Avenida de Manoteras, núm. 20, Edificio París (28050 Madrid). Caixabank, S.A. actúa como entidade axente da emisora da tarxeta. O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento elixido por CPC é o depósito nunha conta separada aberta en Caixabank, S.A. Concesión da tarxeta suxeita á aprobación previa por parte de CPC. Non se inclúe a emisión e mantemento de tarxetas adicionais ou tarxetas de beneficiario. Durante a vixencia deste acordo, a emisora da tarxeta resérvase o dereito a modificar a modalidade de tarxeta sen custo. Esta decisión seralle comunicada con antelación suficiente para que poida estudar as condicións da nova tarxeta (de débito ou de crédito).
5. Tarxetas de crédito emitidas pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E.F.C., E.P., S.A.U. (“CPC”), con domicilio en Avenida de Manoteras, núm. 20, Edificio París (28050 Madrid). Caixabank, S. A. actúa como entidade axente da emisora da tarxeta. O sistema de protección de fondos de clientes usuarios de servizos de pagamento elixido por CPC é o depósito nunha conta separada aberta en Caixabank, S.A. Concesión da tarxeta suxeita á aprobación previa por parte de CPC. Podes consultar os prezos habitualmente aplicados aos servizos bancarios prestados con maior frecuencia (Anexo 1) en: www.caixabank.es/tarifas.
NRI: 6595-2024/09542